Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Benvido/a ás Conferencias do Hattrick!

Benvido a Hattrick e ás nosas conferencias públicas. Como o mánager de fútbol máis duradeiro de internet, Hattrick tamén acabou sendo unha das comunidades máis activas e interesantes dos amantes do fútbol. Simplemente non hai ningún lugar como Hattrick cando se trata de atopar xente afín coa que discutir de fútbol, da vida e dunha chea de cousas máis. Agora, por primeira vez, damos libre acceso a partes das conferencias de Hattrick para que todos, mesmo usuarios sen rexistrar, poidan ler que pasa.

O que máis desexamos é que todo o que ves che encha o ollo e lle deas unha oportunidade a nosa comunidade como membro rexistrado. Unirse a Hattrick e gratuíto e, como membro, non só terás a posibilidade de gozar do xogo senón tamén serás capaz de escribir nas nosas conferencias e acceder a un archivo de máis de 350 millóns de mensaxes escritos ao longo de case 20 anos.

O certo é que Hattrick é para todo o mundo - o sitio está tratucido a máis de 50 linguas e temos usuarios en 144 ligas nacionais por todo o planeta. Podes estar en conexión con seareiros de calquera selección nacional ou dos máis importantes clubs internacionais de fútbol.


Benvido!


1 293 086 conferencias, 14 764 707 fíos e 364 820 620 mensaxes no Hattrick ata o momento!
 
 
Server 070