Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Asociados

Popmundo Battrick
En Popmundo ti es unha estrela en auxe na industria da música. Atopa o teu estilo, forma unha banda e viaxa polo mundo neste próspero xogo cunha comunidade de máis de 300.000 xogadores activos.

Este xogo é o xogo irmán de Hattrick, e foi desenvolvido pola mesma xente que no seu momento en Extralives AB (Suecia) desenvolveran o Hattrick. Ao igual que no Hattrick, o mundo de Popmundo nunca pecha, hai sempre unha gran actuación nalgún sitio, hai sempre unha nova canción que gravar, hai sempre un quente amorío entre bastidores. Todos os personaxes cos que te encontres e te relaciones están, por suposto, manexados por outros xogadores.

Popmundo é un xogo que ten profundidade pero non obstante non é complicado. É perfectamente posíbel entrar só unhas poucas veces á semana e inda así facelo ben. Un dos mellores factores deste xogo consiste en que é moi aberto e variábel: cando esteas canso do estilo de vida do artista, existen moitas outras cousas que facer coma por exemplo chegar a ser investigador privado, construír un imperio ou simplemente tomar acougo e crear unha familia.

Battrick.org é un gran xogo de xestión de cricket dentro da mesma liña do Hattrick. Este é o xogo perfecto para os amantes do cricket, e un bo divertimento para todos os curiosos deste deporte. Podemos asegurar que é bastante doado engancharse co xogo.

Obterás un equipo de cricket para xogar, adestra e forma aos xogadores a través dos encontros da "One Day League" e da "First Class". Incluso existe unha Copa Internacional, e tamén unha Copa do Mundo de equipos nacionais. A comunidade é moi amigable e útil.

Battrick é unha colaboración entre Allan Fairlie-Clarke, usuario de Hattrick e antigo moderador do mesmo, e o propio equipo de Hattrick.
 
Server 070