Usamos cookies - axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usar o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar cookies e acceder a elas no teu ordenador.

Sobre Hattrick

Hattrick é o mellor xogo de xestión de fútbol da web - é de balde e reúne a unha comunidade de centos de miles de usuarios de tódolos recunchos do mundo.

En Hattrick, ti constrúes e adestras un club ao longo do tempo - e compites contra outros mánagers humanos. Non precisas horas a diario para gañar - establecer a estratexia adecuada é a chave.

O tamaño e a forza da comunidade de Hattrick son lendarias, non esquezas comprobar as nosas tan ateigadas conferencias ou a riqueza das iniciativas levadas a cabo por usuarios que teñen lugar entorno ao xogo, dende encontros locais até programas moi bos de terceiros.

Hattrick comezou no ano 1997 e é propiedade de Hattrick Ltd. Como desenvolvedores, estamos orgullosos da nosa historia de colaboración moi próxima cos nosos usuarios, algo que cremos nos axudou a medrar ata converternos no máis grande e atractivo xogo de xestión de fútbol da web.

Xogar en Hattrick é totalmente gratuíto, pero podes escoller aumentar o teu nivel de membro ao estado de Supporter, o cal che permitirá obter cousas a maiores coas que desfrutar máis do xogo.

 
 
Valora esta páxina
Server 095