Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Hattrick Gears
Pequenos engadidos para o teu equipo

Hattrick Gears é unha colección de pequenas funcionalidades de pago único, feito co mesmo espírito co que se fixo o Hattrick Supporter: Funcionalidades que fan que Hattrick sexa máis divertido, ou que a túa estadía en Hattrick sexa máis agradable, sen darche realmente ningunha vantaxe no xogo.

Mercaches cada funcionalidade de Hattrick Gears con Credits.

Asignar un alcume ao teu xogador

Algún dos teus xogadores ten un alcume posto polos compañeiros de equipo, ou polos teus fans? Podes darlle aos teus benqueridos xogadores alcumes para facelos máis persoais. Os alcumes aparecerán entre o nome e mailo apelido do xogador. Cando o xogador sexa vendido, o alcume desaparecerá.

Os xogadores na listaxe de transferencias ou aqueles xogadores que xogaron encontros nacionais non poden recibir un alcume. O alcume ademais ten que existir na base de datos de alcumes aceptados.

Se o alcume que queres usar non está dispoñible, podes facer unha suxestión para añadilo.

Custo: 5 credits

Modificar a aparencia dun xogador

Podes facer en calquera dos teus xogadores un troco na aparencia, namentres o xogador non estea na listaxe de transferencias. Trocando a aparencia dun xogador, podes modificar o seu peiteado, a súa cor de pelo así coma engadir (ou eliminar) pelo facial.

Custo: 2 credits

Dar ao xogador un cambio total de aparencia

Tamén podes darlle un troco total de aparencia ao xogador, o que implica poderes trocar calquera aspecto na súa aparencia. Sen embargo, tes que ser ben o club nai do xogador ou ben que sexa xogador do teu equipo durante alomenos unha tempada para poderes aplicarlle un troco total de aparencia.

Por outra parte, os xogadores que estean actualmente na listaxe de transferencias ou os que xogaron un encontro para unha selección nacional non poden recibir un troco total de aparencia.

Custo: 8 credits

Unirse ao Torneo

Os Torneos son a competición non oficial para clubs dentro do Hattrick. Escolle entre crear un torneo para ti e os teus amigos ou unirte a un dos moitos Torneos que xa existen, cun límite de 10 Torneos ó mesmo tempo. Os Torneos teñen un calendario flexible -os encontros poden xogarse a calquera hora ao longo da semana e na modalidade de Copa ou Liga con Playoffs-. Un torneo pode incluír dende 4 a 64 equipos, pero o prezo para unirse é sempre o mesmo.

Custo: 2 credits

Encontros de escada

Uníndote a unha escada entras nunha competición frenética por conseguir a fachendosa honra de seres o mellor mánager dunha rexión, país ou federación—mesmo ata global. Sube chanzos na escada para chegares a ser o Rei da Pista!

Nota: ó desafiares, o crédito gastado serache devolto se gañares.

Custo: 1 credit

Pachanga

Queres poñer ao teu noxento amigo no seu lugar? Non che chegan os partidos do calendario regular? As pachangas son a solución ós teus problema. Invita a calquera equipo, xoga o encontro, mállao ben mallado e logo invítao a uns licores e acaba con el. É así de fácil!

Custo: 1 credit

Eventizador

Queres darlle un punto extra de interese e diversión ao teu vindeiron encontro? Co Eventizador podes lanzar un único evento para ese vindeiro encontro. Elixe entre mofarte do rival, esporear a túa afección ou honrar a historia do teu club. Durante o encontro lanzarase entón un evento personalizado. Ten en conta que todos os eventos simplemente son descritivos e de ningún xeito afectarán o resultado do encontro.

Custo: 2 credits

Trocar o nome dun xogador

Tes a opción de poñerlle un novo nome a calquera dos teus xogadores.

Aos xogadores que estean actualmente á venda ou aos que xogaron un encontro para algunha selección nacional non se lles pode mudar o nome, e a un xogador do equipo principal só se lle pode trocar o nome unha vez (por propietario). Ademais, o nome ten que existir na base de datos de nomes do país do xogador.

Ten en conta que recuperará o seu nome orixinal no momento en que o xogador sexa posto á venda, menos no caso de que finalmente non se venda.

Trocar o nome dun xuvenil ten menos restricións, o nome só ten que existir na base de datos do teu país.

Por favor, ten en conta que certas combinacións de nomes serán bloqueadas para evitar que aparezan no xogo só nomes de persoas famosas na vida real.

Custo: 8 credits

A Moviola

Gañou o equipo que máis o mereceu? Tiveches unha choupa que non cho cres? Fixeches unha boa desfeita ó enviar esa última aliñación cando chegaches de festa? Agora o poderás descubrir.

A Moviola simula o mesmo encontro de novo 20 veces, usando exactamente as mesmas variables que no encontro orixinal, para darche unha idea aínda máis clara das probabilidades de que saíra un resultado determinado. Coa Súper Moviola, o encontro será simulado 100 veces en total.

Un resumo dos encontros será creado para que o poidas analizar! Non fai falta lembrarche que repetir o encontro non afectará de ningún xeito no resultado do encontro orixinal. Este resumo estará dispoñible durante dúas tempadas.

Custo: 3 credits

 
 
Valora esta páxina
Server 096