Usamos cookies - axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usar o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar cookies e acceder a elas no teu ordenador.

Termos de Uso

Para que Hattrick cumpra coa lexislación Europea sobre tratamento de datos e privacidade, tes que aceptar o noso Aviso Legal antes de entrar na túa conta.

Isto é só un resumo dos puntos principais do Aviso Legal, e se hai algunha diferenza entre este texto e a versión do Aviso Legal en Inglés, o Aviso Legal en Inglés prevalecerá.

1. Cando te anotas en Hattrick, usa o teu nome e dirección reais. Isto fai máis sinxelo que verifiquemos a túa identidade e que te axudemos se tes problemas na páxina. O xogo limpo é moi importante para nós, e os Game Masters de Hattrick pasan moito tempo evitando e actuando sobre as trampas. Os datos de usuario fiables axúdannos a facelo.

Se tes menos de 18 anos, debes obter o permiso dos teus pais para xogar se a lei do teu país así o require.

2. Sempre debes seguir as Regras da casa. Non debes ter máis dunha conta ó mesmo tempo. Non debes facer trampas ou tentar hackear Hattrick ou a conta doutra persoa. E non esquezas a Netiqueta, compórtate ben por favor. Non debes ameazar ou insultar a outros usuarios, nin mandarlles spam. E sempre respecta os copyrights dos demais.

3. Se non segues estas regras podes perder o teu equipo ou ser baneado do xogo por un Game Master. O teu equipo tamén será eliminado se non te conectas nun período de sete semanas.

4. Tentamos traballar dando o mellor servizo que podemos. Pero non podemos dar garantías de que o servizo estará sempre dispoñible e de que xamais haberá perdas de datos.

5. Cando metes os teus datos no noso sistema estásnos a dar o dereito para usar eses datos. Pero nos preocupamos pola vosa privacidade e seguimos as regras de privacidade da Unión Europea.

Nunca vos enviaremos spam ou permitiremos o acceso ós vosos datos por parte doutro ente non conectado con Hattrick.

De cando en vez pode que vos enviemos o noso boletín ou algún outro e-mail relacionado co xogo, como os recordatorios de contrasinal.

Usamos cookies na nosa páxina para que teñades unha mellor experiencia como usuarios.

Podes ler a nosa política de privacidade completa en Inglés aquí.

6. Temos metido moitos anos de traballo duro en Hattrick e esperamos que entendades que se queredes usar algo que pertence a Hattrick fóra do sitio, necesitaredes pedir permiso primeiro.

Pode que teñamos que facer trocos no aviso legal ou na política de privacidade. Nese caso, farémosvolo saber na páxina web.

 
 
Server 095