Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Introdución 

Introdución

Este é o manual de Hattrick. Para unha introducción rápida ao xogo, preme na guía para principiantes.

Hattrick é un xogo onde conduces un equipo virtual de fútbol á gloria competindo con persoas de todo o mundo.

Hattrick é un xogo simple, é sinxelo aprender o máis básico. Podes xogar a Hattrick incluso se soamente entras unha ou dúas veces á semana (aínda que esperamos verte máis frecuentemente). O desafío non está en gañarlle á máquina, o desafío está en que compites con outras persoas. Á vez que competidores, moitos participantes chegan a ser amigos, facendo tamén de Hattrick un xogo social.

As túas tarefas básicas

Desempeñas as labores tanto de adestrador como de presidente do club. Planeas as tácticas e a estratexia, decides que adestrar e seleccionas os xogadores que deben xogar os partidos. Compras e vendes xogadores, invistes en mellorar o estadio e moito máis. Para ter éxito, un bo consello é elaborar unha boa estratexia a longo prazo. Ao final, o éxito e a gloria conséguense con esforzo.

O teu novo equipo

Cando te fas cargo dun equipo, este ocupa un lugar nunha das dúas divisións máis baixas do sistema de grupos de Hattrick. Para comezar a túa carreira tes un equipo de xogadores (algúns poden ser moi talentosos e outros algo menos), un estadio e algúns cartos que che poden axudar ao principio. Agora vén o momento de amosarnos a túa maxia!

Non te preocupes se cambias de idea con respecto do nome do teu equipo. Sempre poderás modificarlle o nome na pretempada (entre o fin dunha tempada e o comezo da seguinte), inda que che custará 10 000 US$ polos cambios na camisola, material de marketing, etc. Tamén terás un descenso do 3% dos teus socios, xa que algúns deles nunca che perdoarán a traizón ó antigo nome do club.

Rexións e clima

O teu equipo pertence a unha rexión, probabelmente a rexión coa que te sentes máis identificado. As rexións están aí para que poidas atopar xente da mesma zona ca ti. Outra función importante é que cada rexión ten o seu propio clima. Non hai rexións con mellor clima que outras, son todas igual de boas, así que non tes que preocuparte por faceres unha mala elección.

O clima afecta a varias cousas, pero principalmente ten influencia na asistencia aos partidos (cando chova, menos xente quererá ver os teus partidos). Na páxina de cada rexión podes ver o tempo que fai hoxe e unha predición do tempo que fará o día seguinte. Se hoxe brilla o sol é bastante probable que mañá tamén brille (comparado con outros tipos de tempo), así que o tempo non é completamente aleatorio.

Se queres, poderías cambiar de rexión en pretempada. De facelo, ten en conta que che custará 10 000 US$ e ademais o 3% dos teus socios daranse de baixa.

O noso mellor consello

O mellor consello que che podemos dar é que leas este manual. Non precisas lelo todo de golpe, soamente con ler os primeiros capítulos ao principio xa che dará unha boa pista de como xogar ao Hattrick. Outro bo consello é que preguntes todo o que poidas necesitar nas nosas conferencias. Hai conferencias especialmente deseñadas soamente para dúbidas.

Só hai unha cousa na que insistimos: darche a ti e a todo o mundo a mellor experiencia de Hattrick posible, e para conseguilo temos unhas regras de conduta moi sinxelas que seguir e pódelas atopar nas nosas Regras da casa
 
Server 071