Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   O estadio 

O estadio

Os equipos comezan primeiro cun estadio pequeno, e existe a posibilidade de amplialo ao longo do desenvolvemento do xogo. Na páxina do estadio pódese ollar e xestionar tódolos detalles do mesmo.

Ingresos e gastos

O estadio pode ter catro tipos de bancadas, cada unha con diferente afluencia de público e custo de mantemento semanal (o cal hai que pagar sempre).

  Ingresos Gastos semanais
Fondos 7 US$ 0.5 US$
Preferencia 10 US$ 0.7 US$
Asentos baixo teito 19 US$ 1 US$
Palcos VIP 35 US$ 2.5 US$

Nos informes dos encontros que se xogan como local pódese ver cantos asentos foron vendidos por cada tipo de bancada. Os ingresos dos partidos son distribuídos de xeito diferente entre os clubs dependendo do tipo de partido que se estea a xogar:

Encontros de Liga: O equipo local lévase tódolos ingresos.

Encontros de Copa: O equipo local lévase os 2/3 dos ingresos e o equipo visitante 1/3, salvo nas últimas seis rondas, que son neutrais e a recadación repártese ó 50%.

Amigables e encontros de promoción: Os ingresos son repartidos a partes iguais.

Asistencia de público

A cantidade de espectadores que acudan aos teus partidos dependerá dos teus seareiros. O seu estado de ánimo e o teu número de socios son os factores máis importantes á hora de determinar a asistencia de público. Para partidos de liga tamén se teñen en conta a túa posición actual na liga e a diferenza entre a túa posición e a do teu opoñente.

O estado de ánimo e o tamaño do club de seareiros do teu rival tamén se teñen en conta, algún deles quererá vir ao encontro! Convén saber que a asistencia aos estadios aumenta conforme vai pasando a tempada. En xeral, obterás mellores asistencias ao campo cara ao final da tempada que ao principio.

O tempo atmosférico, por suposto, tamén ten a súa importancia. Acudirán menos espectadores ao teu estadio con mal tempo, pero por outro lado, os que vaian estarán dispostos a comprar entradas máis caras e a sentarse baixo teito. Así que é posible que, a fin de contas, os ingresos sexan os mesmos con independencia do tempo, sempre que houbese suficientes localidades baixo teito a disposición.

Ampliar o estadio

Para ampliar o estadio encárgaselle a unha construtora a súa reforma. Levaralle algún tempo (unha semana ou máis dependendo do tipo de ampliación). Tódolos sitios existentes están dispoñíbeis durante o tempo das obras. Págase un prezo fixo de 10 000 US$ polas obras, xunto cun prezo por cada asento que queiras engadir ou quitar:
  Custo por ampliación Custo por redución
Fondos 45 US$ 6 US$
Preferencia 75 US$ 6 US$
Asentos baixo teito 90 US$ 6 US$
Palcos VIP 300 US$ 6 US$

Unha boa idea é ter diferentes tipos de bancadas para os teus seareiros. A maioría da xente quere mercar entradas para os fondos, polo tanto esa bancada debería ser a máis grande en número de asentos. Algunha xente só asiste a encontros se teñen uns sitios confortábeis (e incluso algúns demandan a maiores asentos baixo teito), así que se debería ter bastante capacidade nesas bancadas. Tamén está o grupiño "fashion", que só quere sentarse en palcos VIP, non son moitos pero non debes esquecerte deles. Aos asentos baixo teito e aos palcos VIP non lles afecta moito o mal tempo, ao revés que noutras bancadas.

 
Server 071