Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

Política de escudos e nomes

Somos bastante abertos con respecto ao contido en si dos escudos e ao nome que queiras elixir para o club, incluso se os escudos que máis nos gustan máis son aqueles que, dalgún xeito, teñen relación directa co equipo. Pero temos que asegurarnos que os xogadores non dean un mal uso a esta liberdade para ofender ou discriminar a ninguén (deliberadamente ou non) e na defensa das mulleres, dos pais e da xente de países ou relixións con valores máis estritos, hai algunhas cousas que non son aceptables que aparezan no teu escudo ou que empregues como nome.

  • Non se tolerarán nomes nin escudos ofensivos, insultantes ou irrespectuosos para con un grupo ou unha persoa. Nesta prohibición inclúense contido racista, fascista, símbolos de organizacións terroristas ou similares.
  • Tampouco se tolerará contido sexual explícito, incluíndo nudez, semi-nudez ou con poses provocadoras sexualmente. A xente debería estar vestida decentemente.
  • Non se poderán promover actividades criminais ou o uso de mercadorías ou substancias ilegais.
 
Server 071