Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

Hattrick é completamente de balde. Só requirimos seguir as nosas sinxelas Regras da casa. Se pensas que alguén non está a cumprilas, fai o favor de informalo aos GameMasters.

O Equipo de Hattrick trata constantemente de mellorar o xogo. Poden engadirse novas funcións en calquera intre, aínda que os grandes cambios que poden afectar ao xogo fanse entre unha tempada e outra. Sobre todo engádense novas prestacións, algúns axustes aos valores estimados de mercado dos xogadores, etc. Un xogo de remate aberto, sen punto final, ten que ser axustado ás veces polo programador, por exemplo, para prever que algúns equipos se volvan invencíbeis. En resumo, os programadores supervisan o xogo, tendo ás veces que intervir. Tentaremos facer isto dunha maneira gradual, preferiblemente avisando con tempo dos cambios, para poder afacerse a eles. Pero ás veces os cambios tense que facer obrigatoriamente.

Normalmente os servidores están sempre en liña, con algunhas interrupcións por problemas puntuais ou actualizacións. Sempre tentamos dar no seu debido momento información das interrupcións do servizo, pero en situacións extremas poderíamos ter que arranxar un problema sen previo aviso.

Ás veces acontecen eventos non esperados, como os erros (bugs). Se algo que semella estraño ocorrese, ponte en contacto cos GM e mirarémolo. Cando estamos a resolver os problemas, tentamos facelo do xeito máis xusto, pero por razóns prácticas, un partido non pode xogarse de novo. As decisións inxustas dos árbitros, sucesos estraños ao lanzar o balón ou a mala sorte son tamén parte do xogo.

 
Server 071