Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Información do sistema

Estado do Hattrick (ata onde nós sabemos)

Sen fallo
Motor do xogo
Sen fallo

Sen fallo
Mercado de fichaxes
Sen fallo

Sen fallo
Conferencias
Sen fallo

Sen fallo
Infraestructura
Sen fallo

Sen fallo
CHPP
Sen fallo

Sen fallo
Móbil
Sen fallo

...seica estás a experimentar algún problema? Deixa o que teñas nas mans, e infórmanos.

Que hai de novo por aquí?

12-13-2018 Arranxados os problemas coas copas

Arranxamos uns problemiñas nas copas Zafiro de Romanía, Suíza, Hong Kong, Kenia, Macedonia (o país, non o postre), Benin, Tanzania e Comores.

Algúns equipos que pasaron de ronda perdéronse polo camiño, polo que tivemos que refacer todo. Imos contactar cos usuarios afectados para avisalos de que volvan a enviar as ordes do encontro.

Desculpade as molestias!

11-21-2018 Informe de lanzamento do 21 de novembro

Fixemos estes arranxos:

• Arranxamos un fallo que impedía completar a licenza de mánager se facías unha Rapidiña.
• No equipo de xuvenís, arranxamos os comentarios do scout cando volves á páxina de vista xeral.

...e outros pequenos arranxos por aquí e acolá.

11-14-2018 Arranxado o problema coas novas ligas

Houbo un problemiña ó entrar ás novas ligas anunciados onte (polo que sobre todo afectou ós Platinum). Arranxos:

* O límite de 16 semanas para abrir un club adicional foi suprimido (e seguirá así alomenos por esta tempada).
* Engadimos cuarta a todas as ligas, e todos os novos equipos comezarán nesta división.
* O equipo de xuvenís xa debería funcionar.

11-6-2018 Datas das Copas de Xeración

Os encontros das copas de xeración de hoxe pola mañá atrasáronse 4 horas por un erro. Isto foi xa arranxado, e todos os encontros xogaranse no horario previsto.

11-6-2018 O Novo Deseño, O Foxtrick e como facer que funcionen

Hoxe sacamos un oMeuHT no que anunciamos o novo deseño para as habilidades, as cualificacións dos xogadores e os resultados da busca de traspasos. Facemos isto para que a información sexa consistente entre a web e as apps, o cal cremos que é moi importante.

Se non che gusta, poderás volver ás cualificacións e a vista de habilidades vella, indo á páxina de Preferencias, e escollendo o «Vello Estilo», e as cousas seguirán no seu sitio de sempre.

10-29-2018 Mantemento do noso fornecedor de internet - 1 de novembro

O noso fornecedor de internet vai estar de mantemento entre as 02:00 e as 06:00 (CET) do 1 de novembro, polo que todos os traspasos serán prorrogados.

10-28-2018 Traspasos prorrogados

Pola noite tivemos un problemiña na web que fixo que non funcionase de todo ben. Para non crear inxustizas, prorrogamos todos os traspasos en 10 horas. Todo debería xa furrular ben.

9-3-2018 Informe de lanzamento do 3 de setembro

Algunhas melloras frescos:

• Melloramos o deseño do campo no visor do live.
• A partir de agora amosaremos os comportamentos ó mostrar as cualificacións dos xogadores no live e no O'laboratorio.

E outros pequenos arranxos por aquí e acolá.

6-22-2018 Melloras na Moviola

Cousas novas:

• As medias xa non inclúe as quendas de penaltis.
• Se o encontro ten regras de copa, haberá outra barra co ratio de vitorias/empates/derrotas para o resultado tralos 120 minutos.
• Engadimos algunhas estatísticas adicionais.

5-21-2018 Informe de lanzamento do 21 de maio

Traemos melloras ben fresquiñas:

• Renovamos o comparador de traspasos. Agora, entre outras cosas, amosamos as especialidades.
• Xa poderás facer un cambio estético total da faciana dos teus xogadores despois dunha tempada—en canto de despois de 5.
• Poderás ver as internacionalidades e os partidos na Master dos xogadores que estean no Salón da Fama.
• Poderás seguir nas conferencias ós HT sen ter que metelos en favoritos—poderás configuralo nas preferencias da conferencia (sexas ou non supporter).

...e outros pequenos arranxos por aquí e acolá.

5-7-2018 Caída programada desta mañá

Hoxe pola mañá tiñamos unha parada programada, que se prolongou 35 minutos de máis por mor dun problema cun dos nosos sistemas. As transferencias entre as 5:00h e as 7:30h (CET) foron prorrogadas 5 horas.

4-27-2018 Pequena caída pola mañá

Hoxe pola mañá tivemos que pechar a páxina preto dunha hora por mor duns errores nalgunhas páxinas. Xa estamos de volta, e todas as transferencias foron prorrogadas dúas horas máis. Desculpade as molestias!

4-14-2018 Páxina de Hattrick lenta e con erros

Durante as últimas horas está a haber problemas en canto ao rendemento e funcionamento da web. Xa o estamos a revisar e daremos máis detalles en breve. Grazas pola comprensión.

Editado: Xa encontramos o problema e debería estar arranxado. Grazas por reportalo.

4-4-2018 Notas do 3 de abril

Acabamos de facer as seguintes actualizacións:

• Reorganizamos a información da páxina de finanzas.
• Arranxamos un erro ao gardar o once inicial estándar nos usuarios non-Supporter.
• As táboas de clasificación da liga xa non aparecerán en branco xusto despois dos partidos.
• Os usuarios poden volver a rexistrarse no Stage, a plataforma na que probamos as novas ideas e actualizacións para o xogo.
• Actualizamos o manual sobre Hattrick International.

Finalmente, tamén arranxamos varios error pequenos relacionados coa páxina web do xogo!

3-30-2018 Máis atrasos nos trofeos

Esta tarde tivemos outro atraso na xeración da seguinte rolda dos Trofeos de Xeración. Xa está todo arranxado, e a seguinte rolda xogarase como estaba planeado, o Sábado de madrugada (2 AM). Este atraso foi causado polos atrasos no Trofeo de Supporter, pero este problema xa debería estar arranxado tamén. Esperemos que este sexa o derradeiro lategazo desta Semana Santa ;) Desculpade as molestias!

3-29-2018 Cambios nas promocións da Hattrick International

Por mor duns problemas na nosa base de datos, tivemos que reiniciar o proceso das promocións da HTI (promoción de ascenso e descenso). Asegúrate que tes a aliñación a punto. Ademais, a partires de agora, as normas da promoción da HTI, serán iguais que no resto de ligas do HT, excepto na división III e a II (próxima tempada), xa que as divisións de arriba están cheas de bots.

3-28-2018 Actualización dos Trofeos de Xeración

Por mor de varios problemiñas, imos reprogramar a segunda rolda da maioría dos trofeos de xeración de mañá pola mañá, a partires das 18h. Estes encontros serán visibles dende o mércores pola mañá. O Trofeo Pemán e o Heroes do 2018 continuará segundo o previsto. Sentimos as molestias!

3-27-2018 Atraso nos encontros do Trofeo dos Heroes

Todos os encontros da segunda rolda do Trofeo dos Heroes serán atrasados por 8 horas, por mor dun problemiña.

3-26-2018 Atraso nos Trofeos de Xeracións

Este fin de semana tivemos atrasos cos encontros dos Trofeos de Xeración. Xa está arranxado, e o calendario queda como sigue:

Trofeo Gayoso: Os primeiros encontros quedan como estaban, pero a segunda rolda xogarase o Mércores pola mañá ás 2 AM.

Os demais torneos comezarán o Martes pola tarde, ó redor das 6 PM, e a segunda rolda xogarase o Mércores pola mañá.

Noutras palabras, TODOS os torneos se atrasan 24 horas, e iso afecta a todas as rondas ata a final.

Desculpade as molestias, e a pasalo ben!

3-8-2018 Informe de lanzamento do 8 de marzo

Arranxos por aquí e acolá

• Arranxamos o acceso para os padriños da páxina de estimación de adestramento se o seu apadriñado non é Supporter.
• Dende agora presentaremos de forma máis xeitosa no O'laboratorio e na páxina de ordes do encontro cando o teu opoñente non teña ningún encontro recente cunha aliñación válida.
• Os Supporter Platinum e Diamond xa non terán límite ó nominar ó Salón da Fama.
• Engadimos información sobre o tempo nos encontros de Escada, Desafío e Torneo.
• A partir de agora, os suplentes tamén poderán marcar ó home, aínda que só comenzarán a facelo cando saian o campo (senón menudo lío!)
• A partir de agora poderás ver o efecto dos teus adestradores asistentes na forma oculta na páxina dos empregados. Tamén engadimos estos efectos á tabla do capítulo de empregados do manual.
• Na táboa de distribución de ocasións (post-partido), os tiros lonxanos non tácticos irán a partires dagora á categoría de "Outros".
• Actualizamos o manual cuns parágrafos sobre o marcaxe ó home, no capítulo "Aliñación: o básico".

...e unha morea máis de pequenas cousiñas, porque a vida pode ser marabillosa!


Ollar máis

 
 
Valora esta páxina
Server 096